Imaxe da aula de 1º
Quedamos na entrada anterior sentados/as nos nosos novos lugares unha vez descifradas as sopas de letras, non si?
Pois en cada un dos sitios atopamos unha sorpresa... un regaliño de benvida! Unha mensaxe da profe dándonos a benvida ao novo curso, un imán de emoticono, un mini marcador e dous caramelos masticables. Que ilusión!
Montaxe realizada con Canva.com
(As tarxetas dos detalles descargueinas do blogue de A mestra Cris, que é ben interesante, Visitádeo!).
Despois dun traballo bastante lixeiro entrounos a fame e como facía un día precioso, saímos fóra a merendar na terraza. Sentámonos todos xuntos, compartimos risas e desfrutamos do sol.
Ningún comentario:
Publicar un comentario