martes, 14 de outubro de 2025

O PRIMEIRO DÍA DE CLASE(III).

Clase de 1º
Na última entrada quedamos contentos/as despois da merenda e cando volvemos á aula fixemos unha actividade moi chula: o libro “O meu primeiro día en Primeiro” . Cada un debuxou como se sentía, os seus gustos e o que fixera nas vacacións. Quedáronnos uns libros preciosos cheos de cores e ilusión!
O libriño descargueino do blogue de Orientación Andújar. Premede aquí para velo.

Tamén establecemos entre todos/as as normas de clase porque se queremos unha convivencia pacífica e  tranquila, debiamos decidir que nos ía a regular na aula. Isto foi o que consensuamos.

Montaxes realizadas con Canva.com
Foi un día cheo de emocións, novidades e moita ledicia. Comezamos esta nova aventura con moitas gañas de aprender e divertirnos xuntos! Quedou acreditado na nosa primeira foto oficial.

Ningún comentario:

Publicar un comentario