luns, 1 de xaneiro de 2024

EN XANEIRO...

Imaxe de Jörg Vieli en Pixabay.com
Comezado xa o 2024 non podemos perder tempo e debemos falar de todas as conmemoracións que están por vir. Antes diso,comentaremos a artista nacida neste mes, xaneiro.
No mes de xaneiro naceu...  Ana María Gómez González (coñecida mundialmente como Maruja Mallo), o 5 de xaneiro de 1902 en Viveiro, Lugo.
Déixovos un conto sobre a súa vida de Ruth Prada na páxina "No me cuentes cuentos".
Tamén vos comparto un vídeo, do Instituto Cervantes, onde Rocío Mayer nos narra a vida de Maruja Mallo(baseándose no conto anterior) e nos ensina algunha das súas pinturas.
Obtido na canle de Youtube de Instituto Cervantes.
Para saber as efemérides deste mes consultade na imaxe inferior.
Montaxe realizada con Pizap.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario