domingo, 31 de decembro de 2023

DESPEDINDO O ANO 2023

Imaxe de Oleg Gamulinskii en Pixabay.com
O ano 2023 chega ao seu fin e temos que despedilo da mellor das maneiras posibles.A música sempre é unha boa compañeira de camiño e se nos vale para expresarnos, mellor que mellor.
Déixovos a actuación do festival de Nadal, onde o tradicional "burrito sabanero" nos fixo pasar un bo momento e co que gozamos cantando e trotando.

Grazas, profe Vane, pola maquetación do vídeo do festival. Quedamos ben chusquiños/as!!!
Agora só queda desexar o mellor para o novo ano que entra.
Obtido na canle de Youtube de Anabel García

Ningún comentario:

Publicar un comentario