xoves, 4 de xaneiro de 2024

VISITA Á RESIDENCIA.

Imaxe de Gerd Altmann en Pixabay.com
Unha das saídas que fixemos antes das vacacións foi á residencia Virxe das Dores do noso concello.
Esta fermosa iniciativa xurdiu o ano pasado cando se propuxo escribirlle unha postal de Nadal aos residentes. Cada un dos nenos e nenas do cole escribiron, debuxaron e colorearon unha  mensaxe para  que todos/as tivesen o seu agasallo nestas datas. Pero o mellor de todo non foi iso, senón que tivemos a gran sorte e privilexio de ser os encargados/as de entregar ese correo. Fomos xunto co alumnado de Infantil B e 2º unha mañanciña de decembro. Cando chegamos, agardávannos ansiosos por ver  tanta cativada. Cantamos, rimos, entregamos as postais, comemos, tomamos chocolate e recibimos moito amor, seguramente máis, do que nós lles ofrecemos. Cargados/as de agasallos e de novos recordos que compartir coas nosas familias regresamos ao cole emocionados/as pola experiencia vivida.
 Montaxe realizada con Canva

Ningún comentario:

Publicar un comentario