venres, 5 de xaneiro de 2024

PERELLA SEMPRE.

Imaxe de Оксана Марчук en Pixabay.com 
Aínda non tiveramos tempo de falar dun personaxe que sempre está vinculado a nosa aula. Nesta noite máxica de Reis mencionamos á fada Perella.Ela estivo presente durante todo o trimestre. Xa comezamos o curso escribíndolle cartas porque os irmáns maiores falaran da súa existencia (algún tamén lle enviou algunha mensaxe).A reposta non se fixo esperar.
Máis adiante seguiu habendo correspondencia e, coma todos os cursos, algún agasallo que outro.
Montaxes realizadas con Canva
Perella, esperámoste no 2º trimestre!

FELIZ NOITE DE REIS!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario