mércores, 29 de outubro de 2025

DÍA DA SAÚDE MENTAL (2025).

Imaxe obtida na páxina de  Colegio Ana Pellegrini
O pasado 10 de outubro celebramos no noso cole o Día da Saúde Mental. Foi unha data moi especial, xa que aprendemos o importante que é coidar da nosa mente, das nosas emocións e das dos demais.
Realizamos un faladoiro sobre o tema. Entre todos/as descubrimos que non só se trata de non estar enfermo, senón de sentirnos ben con nós mesmos, coas persoas que nos rodean e co mundo que nos toca vivir.
Fixemos unha charla moi interesante onde cada neno e nena compartiu como se sentía. Tamén falamos das  boas calidades que temos cada un de nós, xa que todos/as posuímos cousas positivas. Cada neno/a saía ao centro da clase e o resto tiña que dicir as súas habilidades. Resultou moi enriquecedor!
Despois da conversa, fixemos unhas fichas e actividades moi divertidas:
-Debuxamos as nosas caras que reflectían como nos sentimos nese momento.
-Debuxamos cousas e situacións que nos facían sentir ben e outras non tan ben.


Realizado con Cálameo, com
A saúde mental é tan importante como a saúde física, e  coidar das emocións é algo que debemos facer cada día: falando, escoitando, respectando e compartindo.
Porque cando nos sentimos ben por dentro, todo o demais sae mellor.

Ningún comentario:

Publicar un comentario