venres, 31 de outubro de 2025

SAMAÍN (2025).

Imaxe de Juliezimmi3 en Pixabay.com
O Samaín é unha das festas máis antigas que se celebran en Galicia. Aínda que moitas veces o coñecemos como o “Halloween galego”, o certo é que o Samaín existía moito antes de que chegase esa palabra de fóra.
Hai moitos, moitos anos, cando remataba o verán e comezaba o tempo frío, os pobos celtas celebraban o Samaín para despedirse da colleita e dar a benvida ao inverno. Pensaban que nesta noite os espíritos dos seus antepasados regresaban para visitar as súas casas. Por iso acendían lume, fachos e candeas dentro das cabazas baleiradas, para guialos ao fogar.
Hoxe en día seguimos celebrando o Samaín nas escolas e nas vilas con cabazas decoradas, contos de medo, disfraces e xogos.
No cole tamén o celebramos e irémolo contando nos próximos días.
Mentres tanto, ide gozando de "Un vampiro peligrozo" de José Carlos Andrés.
Obtido na canle de con c de cuentacuentos
Tamén vos comparto o "Leer en familia de Santillana" que vos ofrece lecturas e ideas chulas para estes días.
E se queredes máis contos, cantos e xogos, revisade as entradas doutros anos aquí.
FELIZ SAMAÍN!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario