domingo, 8 de xaneiro de 2023

ÚLTIMOS DÍAS!!! (III).

Imaxe de PublicDomainPictuires en Pixabay.com
Nos últimos días do cole organizamos un obradoiro de adornos de Nadal. A base estaba feita en cartón e a decoración era diversa: todo tipo de cores,rotus, bolis de purpurina, gomets brillantes,formas troqueladas en papeis estampados, brillantes adhesivos, algodón... Despois puxémoslles un fío dourado para podelos pendurar da árbore ou onde quixeramos. Así nos quedaron!
Para rematar quero dar as grazas a todos/as os meus alumnos/as que me contestaron á postal que lles mandei; fíxome moita ilusión recibir as súas cartas.
Montaxes realizadas con Pizap.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario