venres, 6 de xaneiro de 2023

SAÍDA AO CINE.

Imaxe de Mohamed Hassan en Pixabay.com
Hoxe, día dos Reis Magos, imos rememorar a nosa saída ao cine. Foi como un agasallo anticipado, un paseo A Estrada para ver nos Minicines Central dúas estupendas películas. Os máis pequenos desfrutaron "Los Buscamundos" e , a partir de 4º, vimos "A todo tren 2". Todo coa nosa bebida preparada e cos flocos de millo recén feitiños. Así, si que mola ir ao cine!! Grazas a Luis e Cristina polo seu marabilloso trato. Temos que repetir!!!
Montaxe realizada con Pizap.
E para rematar un desexo de Reis que vale para todo o ano.
Viñeta de Andrés Faro
FELICES REIS!!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario