sábado, 23 de noviembre de 2013

NOVOS PUNTOS

Bueno, en vista da gran acollida que tiveron os puntos anteriores, terei que aproveitar a racha e ofrecervos uns novos. Xogaremos outra vez por cinco puntos e , como xa vos anunciei, falaremos sobre o Día Universal do Neno.

1.O 20 de novembro celebrouse o Día Universal do Neno e a Nena
   -Que organización o instaurou?
   -Que conmemora?
   -Celébrase en todos os países o mesmo día? Se a resposta é negativa averigua 3 datas de tres países  diferentes.

2. Cales son os 4 principios fundamentais en que se basan os dereitos da infancia?

3.Escribe 5 dereitos que teñan os nenos/as.

4.Nomea 5 deberes dos nenos/as.

Recordade que tendes unha entrada con enlaces informativos, vídeos  e xogos e que toda a información que vos pido a podedes atopar aí. Tamén están os buscadores que vos poden axudar.
A entrega será o día 29 de novembro, venres.
A por eles!!!

4 comentarios:

  1. Con tan bos recursos, seguro que todos acadan os cinco puntos. Xa nos contaredes. Unha aperta.

    ResponderEliminar
  2. Os recursos son excelentes. Agora sólo necesitamos gañas. A ver que pasa. Saudiños.

    ResponderEliminar
  3. Estan super chulos os puntos.

    Santi.

    ResponderEliminar