martes, 26 de noviembre de 2013

SE ME QUERES , NON ME MALTRATES!

O 25 de Novembro é o Día Internacional para a eliminación  da violencia contra a muller. Parece mentira que despois de haber evolucionado tanto aínda exista no mundo un problema tan grave como a violencia contra a muller. Pero non solo contra o noso xénero, senon contra todo aquel que é máis débil ou diferente.Para erradicar este elemento distorsionador dunha sociedade avanzada debemos comezar por unha educación en igualdade  e libre de estereotipos. Porque somos iguais e temos os mesmos dereitos e deberes; loitemos xuntos para eliminar das nosas vidas a violencia, sexa da índole que sexa.
Da biblioteca do CEIP de Pazos traiovos estes dous interesantes vídeos. Reflexionade sobre eles.

10 comentarios:

  1. Ola profe, os vídeos estaban moi chulos e tes razón todos somos iguais. Brais.
    PD:miña nai tamen os veu.

    ResponderEliminar
  2. Grazas, Brais. Está moi ben facer cousas en familia. Espero que che servisen para animarte a colaborar na casa un pouco máis.

    ResponderEliminar
  3. Que chulo o primeiro video,profe.Sabela

    ResponderEliminar
  4. Sabela, espero que a túa beleza nunca se transforme como a da nena do conto. Ogallá sexas sempre bela no teu interior.

    ResponderEliminar
  5. Estan moi chulos os dous videos e teñen razon ,sempre aunque seas fea no teu interior sempre seras fermosa e todos os da familia debemos colaborar para facer as tarefas.
    Diana.

    ResponderEliminar
  6. Ai, Diana, que mundo tan fermoso se todos pensasen así. Nós debemos traballar para cambialo a mellor.

    ResponderEliminar