xoves, 15 de xuño de 2023

CELEBRANDO AS LETRAS GALEGAS(II) (2023).

Imaxe obtida na páxina de Cultura de Galicia.
Xa sei que estamos no remate do curso pero vós tamén sabedes que eu vou con retardo. Ando a mil por hora e non dou chegado a todo. Sígovos contando do festexo das Letras.
Montamos no salón de actos un recanto xeitosiño sobre o autor e os sesenta anos da celebración das Letras Galegas . Alí colocamos algúns libros sobre o tema, as chapas que fixemos na biblio e o libro resultante da colaboración familiar, onde cada familia fixo un autor homenaxeado nestes sesenta anos.

Montaxe creada con Pizap.com
Podedes ver a entrada do obradoiro de chapas no blogue da biblio.
Xa o día 16 celebramos unha festa por todo o alto. Camiñamos xuntos ata o concello (coas gorras que decoraramos en clase); na praza, recitamos, contamos curiosidades, cantamos...
Podedes velo no blogue de dinamización.
A biografía que fixemos nós , en 4º, podédela ver aquí.
Todo isto deu de si o mes de maio, ainda que algunhas cousiñas de abril quedaron pendentes. Calquera día, cóntovolas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario