domingo, 30 de abril de 2023

SAÍDA A DOADE.

Réplica casa castrexa.(Imaxe de treintayseis)
Falamos do Día Mundial da Terra e poderiamos relacionalo directamente coa visita que fixemos xusto antes das vacacións ao Museo Etnográfico "Casa do Patrón"en Doade (Lalín). Alí puidemos gozar das marabillosas "cousas de antes" e aprendemos como vivían os nosos antepasados. Eles si que sabían como reutilizar!
Información
Visitamos ditintas partes do museo onde puidemos ver todo o relacionado co liño, unha taberna, oficios(zoqueiro, latoeiro, afiador, ferreiro...), unha casa, unha capela, unha escola....
Entrementras visitabamos todos estes lugares tivemos tempo para merendar, facer pan e tamén queixo. Vaia mañá tan completiña!
Montaxes realizadas en Canva

Ningún comentario:

Publicar un comentario