Imaxe de Mafalda de Quino obtida na rede
Outro ano máis estamos no 25 N e non parece que a cousa vaia a mellor. Penso que a base para intentar erradicar este problema social está na educación en valores como a igualdade, a tolerancia, a non violencia, o respecto...
Para tratalo nunha aula de primeiro de primaria é un tema duro de entrada (debería selo para calquera que se considere persoa civilizada) pero temos ferramentas que nos poden axudar. Este ano a biblioteca propúxonos un conto de Raquel Díaz Reguera, "Soy solo mía", que visionamos en vídeo na aula. Despois fixemos un faladoiro ben interesante. Se queredes velo e comentalo cos vosos fillos/as, aquí volo deixo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario