Amosando publicacións coa etiqueta Día Medio ambiente. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Medio ambiente. Amosar todas as publicacións

mércores, 5 de xuño de 2024

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE (2024).

Imaxe de Mr Wonderful
Como vos comparto a principios de cada mes hai moitas datas sinaladas que celebrar ou reivindicar pero sabedes que, por algunhas teño especial predilección.

luns, 5 de xuño de 2023

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE (2023).

Imaxe obtida en Ucaragón
O 5 de xuño é unha desas datas que deberiamos celebrar, concienciar, vivir....todos os días do ano! Se non coidamos o lugar onde vivimos, que podemos esperar? Por iso é tan importante estar en contacto coa natureza, vivenciala como agasallo e coidala como propia.

venres, 5 de xuño de 2020

DÍA MUNDIAL DO MEDO AMBIENTE 2020.

Imagen de My pictures are CC0. When doing composings: en Pixabay
O 5 de xuño celebramos o Día Mundial do Medio Ambiente. Este ano o tema é a Biodivesidade (variedade dos seres vivos do planeta).Todos os seres vivos xogamos un papel fundamental no equilibrio natural pero os seres humanos, coa nosa actividade, alteramos dito equilibrio. Solo hai que ver o ocorrido durante a pandemia, cando estabamos confinados: os niveis de contaminación baixaron, os animais achegábanse ás costas  e as cidades, a vexetación medraba por todas partes...E agora que?

mércores, 5 de xuño de 2019

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE 2019.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Observade a imaxe. Verdade que podedes respirar un aire limpo e fresco? Pois ese o tema escollido  para este 5 de xuño de 2019 con respecto ao Medio Ambiente; a contaminación do aire. Cada ano, a data céntrase nunha problemática ambiental que precisa de apremiante solución. Na páxina La luna de Alcalá hai información interesante sobre a cuestión.
Na páxina de SOGAMA (Sociedade Galega do Medio Ambiente) lánzasenos un  reto #RRR. Queredes saber de que vai? Consultádeo na súa web.
Podedes consultar o decálogo para que os nenos/as coiden o Medio Ambiente  de guíainfantil.com.
Rematamos con música, cun himno para coidar o noso Planeta.
Obtido no canal de Youtube Despertando Las Neuronas
Visitade as entradas de anos anteriores, aquí. 
FELIZ DÍA!!!

martes, 5 de xuño de 2018

DÍA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE.

Imaxe obtida en Pixabay.com
Hai varios días relacionados co Medio Ambiente: o da Auga, o dos Bosques, o dos Humedais, da Terra, da Reciclaxe.... Unha morea vamos!!! Pero o de hoxe engloba a todos os demais.
Este ano o país anfitrión da celebración global é A India e o lema promovido "Un planeta #SinContaminación por plásticos". Preténdese que os gobernos,  a industria e as persoas en xeral nos concienciemos do efecto nocivo que ten o plástico en nós e no noso planeta.
Premendo na imaxe teredes máis información.
Na páxina de Educación 3.0  ofrécennos recursos para traballar este día.
As entradas de anos anteriores, aquí.
Nesta canción  podemos aprender como coidar a natureza.
Obtido no canal de Youtube Happpy Learning
Os amigos/as de CantaJuego tamén nos envían unha mensaxe positiva sobre o noso "Pequeño Planeta"

Obtido no canal de Youtube  CantaJuegoVEVO
FELIZ DÍA!!!