luns, 18 de setembro de 2023

PRIMEIROS DÍAS.

Aula de 1º
O primeiro día de cole foi xenial! Todos/as estabamos felices de comezar, de vernos e de poder contar moitas cousas do noso verán.
Nada máis chegar xa nos agardaba unha sorpesiña para engadir á nosa mochila. Aparte de ilusión,uns rotus ben simpáticos.Ollade!
Montaxe realizada con Pizap.com
As tarxertas saqueinas do blogue de amestraCris (que vos recomendo) xa que ten materiais marabillosos, sobre todo en Lingua Galega. Os rotus merqueinos no Tiger. Mirade que contentos/as quedaron.
Montaxe realizada con Canva
Nestes primeiros días xa fixemos algún traballiño pero tamén xogamos. Que non se perdan os bos costumes!
Montaxe realizada con Pizap.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario