Amosando publicacións coa etiqueta libro virtual Quijote. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta libro virtual Quijote. Amosar todas as publicacións

domingo, 12 de xullo de 2015

QUIXOTE (IV)

Para rematar, por este curso, a nosa andaina por este sorprendente libro , decidimos contar aquela aventura que nos gustara máis ou nos chamara a atención e por que. Aquí vos deixo a presentación do escrito pero tamén o podedes escoitar se premedes nos símbolos da nota musical.

xoves, 9 de xullo de 2015

QUIXOTE(III).

Seguimos narrando a experiencia "Quixote".
Mentres íamos avanzando na lectura do libro (na "Hora de ler") fomos creando un rincón adicado ao noso personaxe estrela "Don Quixote".Colaboramos todos traendo libros da casa e da Biblio do cole. Tamén decoramos o espazo con personaxes da historia e  ata fixemos unha marioneta do protagonista.
E como xa mencionara na entrada sobre a celebración do Día do Libro, realizamos (xunto aos compis de 3º) un obradoiro de marcapáxinas onde utilizamos as figuras principais da obra. Con depresores, témpera, cores e imaxinación sairon uns marcadores chulísimos. Temos que agradecerlle a Encarni Valderrama que colgara os debuxos no seu blogue  Biblioteca Gregorio Marañón. Así todo foi moito máis sinxelo!!!
Pola parte de diante escribiron un lema "Leer=..." e por detrás unha frase alusiva ao Quixote (cada un inventou algo distinto).
A ver que vos parece!!!

domingo, 5 de xullo de 2015

QUIXOTE(II)


Seguimos contándovos o que fixemos co Quixote. Primeiro traballamos o autor da obra: Miguel de Cervantes, a través da súa biografía e despois fixemos un retrato del. (Aquí teño que recoñecer que nos quedou traballo pendente pero non se pode atender a todo). Ensinávosvos como o vimos.


domingo, 21 de xuño de 2015

NOVO PROXECTO COLABORATIVO.

Fai dos cursos participamos no "Proyecto Colaborativo Libro Virtual Gloria Fuertes" e no curso pasado no "Proyecto Colaborativo Libros del s XXI para Infantil , Primaria y la ESO". Pois este ano non ía ser menos e así  embarcámonos no "Proyecto Colaborativo II parte del  Quijote con las Tic".
Como neste ano se celebra o catrocentos aniversario da publicación da 2ª parte deste libro mundialmente coñecido, a nosa amiga, Lourdes Giraldo, fai un chamamento para que colaboremos e nos resulte produtivo levar ás aulas este inxenioso fidalgo.
O noso capítulo do libro é o 65 e , aínda que non nos deu tempo a facer moitas cousas, creo que o fundamental  está realizado:  plantamos a semente da curiosidade e lemos as dúas partes adaptadas á primaria.Creamos  esta nube de palabras para expresar o que nos gustaría atopar neste libro universal.

En breve, ensinámosvos o que fixemos.