martes, 25 de xuño de 2013

EXPERIMENTO.

Ola chicos/as!!!!
 Acabo de recibir un comentario de Paula Campos desde Madrid na entrada do Deporte Escolar. Entón pensei que, sería interesante ter un lugar onde comunicarnos se non queremos escribir nada sobre unha entrada, e púxenme mans á obra cun novo experimento. Fun ao blogue da profe Vane(http://ospicarosdevane.blogspot.com.es/) e copiei a idea dunha caixa de comentarios  para falar. A ver que sae de aquí!!!Coloqueina debaixo da nube de etiquetas no lado dereito do blogue.
Tendes que clicar enriba de nome e escribir o voso nome  e facer o mesmo en mensaxe  para escribir o que queirades, despois darlle ao OK e xa está.
Espero os vosos comentarios ( os de todo o mundo que teña algo interesante que dicir) pero se non chegan, porque estamos en verán, xa faremos que funcione durante o curso.
Boas vacacións!!!

6 comentarios:

  1. Moi boa idea, Anabel. Eu a tiven un tempo pero acabei sacándoa. Terei que probar outra vez, je,je Un bico.

    ResponderEliminar
  2. Bueno, como son novata, ando probando cousiñas novas . A ver que sae,jeje.Saúdos.

    ResponderEliminar
  3. HOLA A TODOS.FELICITOVOS POR TODO O QUE TRABALLASTES,TAMEN FELICITO A VOSA PROFESORA,A FADA PERELLA E A TODAS AS FAMILIAS QUE COLABORAMOS DALGUNHA MANEIRA NESTE CURSO QUE PASOU,QUERO DAR UNHA MENCION ESPECIAL PARA CESAR,O PAI DE ADAN,ESO SI QUE FOI BONITO!!!! OXALA CONSIGAN ACADAR TODAS AS METAS Q SE PROPOÑAN.Q TÑADES TODOS UNHAS BOAS VACACIONS.,CON CARIÑO LOLA.

    ResponderEliminar
  4. Gustoume moito a tua idea ,bueno a miña nai deixou un comentario e agora acabo de facer un .Un bico.Di.

    ResponderEliminar
  5. Grazas, Lola, polo teu comentario e pola parte que me toca. Dixéchelo moi ben na túa felicitación , colaboramos todos e iso ten que ter froito. Suscribo as túas palabras e espero colgar pronto as últimas actividades.
    Graciñas e bo verán.

    ResponderEliminar
  6. Graciñas, a ti e a túa nai, Di. Pasa un feliz verán.

    ResponderEliminar