miércoles, 19 de junio de 2013

A VOZ DUN SOÑO.

O pasado venres, día 14, tivemos a sorte de contar na nosa aula coa presenza de César López Cachafeiro. Este mecánico de profesión e escritor de vocación quixo pasar parte da súa mañá con nós para recibir as nosas  impresións sobre o conto co que decidiu agasallarnos; "Malamén".
Xa puideramos gozar da súa lectura e de facer debuxos previos sobre o noso monstro particular, pero a súa visita foi xenial. Formulámoslle una morea de preguntas, deunos consellos para escribir mellor as historias, leunos o final do conto e tamén nolo asinou a cada un de nós. Solo podemos dicirche:
GRAZAS, CÉSAR!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario