Hoxe foi un día moi artesán no cole. Dentro do noso Proxecto Documental Integrado tivemos unha xornada de obradoiros sobre tres oficios tradicionais galegos. O zoqueiro Alberto Geada
sorpendeunos coa súa maxistral feitura de zocas e explicounos moitas cousas arredor do seu oficio.
O señor Gustavo, o cesteiro, e o seu axudante, Manuel, ensináronnos como facer un cesto. E.... xa se sabe , o que fai un cesto fai un cento!!!
Para rematar ben a tarde estivemos no obradoiro de José Villar que nos dixou facer pulseiras de coiro.
MOITAS GRAZAS A TODOS POLA SÚA SABEDORÍA E BO FACER!!!
Sen dúbida unha gran experiencia. Menuda sorte tivéchedes!!!!!!! Unha aperta.
ResponderEliminarA sabiduria e o mellor aliciente q poden ter os nosos nenos,se segen asi van ser un gran grupo de bos profesionais,,suerte e animo pequenos q sempre e bo aprender algo novo.a nai d santi
ResponderEliminarEstivo moi ben porque aprendemos una morea de cousas. Foi una gran sorte. Bicos.
ResponderEliminarLola, tes toda a razón. Foi un día moi intenso no que todos aprendemos
ResponderEliminarun montón. Moitas grazas polo teu comentario.