Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: A volta ao mundo en 80 días.. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Proxecto: A volta ao mundo en 80 días.. Amosar todas as publicacións

mércores, 13 de xullo de 2016

A VOLTA AO MUNDO (XVI).

Imaxe atopada na rede.

Por fin chegou ao remate a nosa longa viaxe!!! Foi moi intensa e interesante pero todo o bo chega ao seu fin.Para poñer un broche de ouro  a esta travesía, contámoslles aos compis do cole que aprendemos da India, ao tempo que escoitamos o que eles investigaron.

Montaxe realizada con PiZap.
Agora é tempo de mostrarvos o resultado final da nosa guía turística sobre este fantástico país.
Queredes ver as fichas que fixemos?  Velaquí están!!!

Coma sempre deixovos as fichas por se as queredes empregar.
Se premedes sobre a imaxe da portada poderedes obtela para colorear.

venres, 8 de xullo de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(XV)

Montaxe realizada con Pizap.

Pois como non quere a cousa, chegamos ao noso terceriro país de destino: A India. Neste punto xa sabedes como funcionamos co proxecto. Ensinámosvos como creamos o noso rincón despois de procesar a información.
Nesta ocasión tocáronnos as festas da India,; outro tema amplísimo porque neste país son como en Galicia, moi festeiros!!!
Tamén fixemos fichas sobre o tema.
Como xa era final de curso non puidemos traballar tan amplamente como nos houbese gustado pero fixemos o noso lapbook.
Montaxes realizadas con Pizap.

mércores, 6 de xullo de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(XIV).


Cando o lapbook de Exipto chegou á nosa aula puxémoslle moita atención porque ademáis de gustarnos moito traíanos unha sorpresa. Sabedes cal?Dúas sinalizacións que tivemos que poñer na super maqueta do salón de actos. Queredes vela?
Agora ensinámosvos o lapbook.
E tamén a fichas que fixemos nós.
Por  se é do interese dalguén, deixovolas aquí para descargar.
*Nos Deuses hai tres fichas, unha é de base e as outras dúas hai que recortalas e pegalas polo extremo esquerdo.

luns, 27 de xuño de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(XII)

Imaxe atopada na rede.

Como xa dixemos noutra entrada ,utilizaremos a orde que seguimos co Reino Unido, polo tanto intentaremos contarvos o novo que fixemos ao respecto.
Despois de crear o rincón de Exipto e situalo no mapa trouxemos información da casa sobre os monumentos  e decidimos facer unha pequena maqueta do río Nilo para colocar ditos monumentos.
Esta serviunos para a exposición do tema. Mirade como a fixemos.
Tamén nos trouxeron unhas estupendas maquetas dalgún dos nosos monumentos que montaron os nenos e nensa de 6º.
Outra actividade que fixemos diferente foi a nosa propia pirámide. Prestáronnos o modelo os nenos de Infantil e mirade que chulas nos quedaron. Con tesouro incluído!!!
Como na ocasión anterior tamén fixemos fichas.
Montaxes realizadas con Pizap.

venres, 17 de xuño de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(XI).

Imaxe de Rick R-D

Como xa vimos na entrada anterior, creamos o noso rincón de Exipto e vimos cales son os nosos intereses con respecto a este país. O tema que nos propuxo Biblo é o dos monumentos pero, falaremos un pouco de todo.
Como a dinámica, en principio, vai ser similar a do país anterior , intentaremos centrarnos nalgunha cousiña novedosa que poida xurdir.
De momento situamos Reino Unido(saída) e Exipto (chegada) no mapa.
Montaxes realizadas con PiZap.
Utilizamos diversos mapas atopados en Internet na Pizarra Dixital pero un dos que máis nos gustou foi o da páxina  http://www.ibge.gov.br/paisesat/, xa que ademais de situarnos na zona tamén ten datos interesantes e fotos relacionadas.
Clicade sobre a imaxe para acceder.

mércores, 1 de xuño de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(X)

Montaxe realizada con PiZap.

Xa vos contamos como nos foi na nosa andaina polo Reino Unido e agora toca poñer rumbo a outro marabilloso país... EXIPTO!!!
Sempre comezamos analizando as ideas previas que temos sobre o tema e plasmándoas en papel para, a continuación, pensar nas cousas que nos interesaría saber.
 Aquí podedes ver como o realizamos  e como quedou o noso traballo.











E así se ve  o noso rincón exipcio.

mércores, 11 de maio de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(IX)

Como remate da primeira parte do proxecto compartirei con vós as fichas que realizamos sobre o Reino Unido. Primeiro  en branco, por se lle servisen de modelo a alguén e despois un exemplo de como nos quedaron. Parécevos?

Preme sobre a imaxe para acceder ás fichas do proxecto.

Este foi o resultado. Gústavos?

mércores, 4 de maio de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(VIII)


E para rematar co Reino Unido, Biblo, propúxonos contarlles aos nosos compañeiros e compañeiras parte do que aprenderamos durante a nosa investigación. Asemade, nós tamén escoitamos aos demais nenos do cole e foi moi enriquecedor.
Foi así como conseguimos o noso primeiro selo no pasaporte e integrar o noso traballo nunha completísma guía sobre o Reino Unido, que tamén visitou todas as clases.

Como recompensa ao noso traballo , velaquí o selo no noso pasaporte de aula.
Misión cumprida!!!

luns, 11 de abril de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(VII)(UMM,QUE RICO(II))

Montaxe realizada con PiZap.

Tivemos a sorte de que á nosa aula chegara un paquete cheo de sorpresas. Enviábanolo a profe Vane, sabedora do proxecto no que estabamos inmersos.
Nesa caixa viñan seis clases de té e un estoxo de pastas para acompañar. Así é que tivemos que probar todas as variedades e cubrir un cuestionario sobre  as mesmas.
A profe Anabel tamén contribuiu facendo unhas pastas de té pero esas nas comparamos.

sábado, 26 de marzo de 2016

A VOLTA AO MUNDO (VI) (UMM, QUE RICO).

Xa situados no  Reino Unido e coa información clasificada, propuxémonos reflectilo todo (ou parte)nunha cartolina A4 (que é o que se nos pediu para a biblioteca).
Entre todos fixemos isto:
-O nome das cinco comidas en galego.
-O nome da cinco comidas en inglés.
-As horas nas que se realizan.
-Que alimentos se toman en cada unha delas.

O resultado foi o seguinte:

E despois unhas  actividades impresas con respecto a este traballo para plasmar o aprendido.
Montaxes realizadas con PiZap.

mércores, 16 de marzo de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(V) (SITUÁNDONOS)

Creamos un espazo para o noso proxecto co que  imos sabendo. Ás veces, parecemos un pouco "rústicos" en comparación coa innovación que vemos polo mundo adiante, pero eu, son unha namorada das mezclas; por iso nos saen cousas así!!!
 -Pintamos, recortamos e plastificamos as letras do título.
 -Colocamos as ideas previas e o que queremos saber.
-Tamén puxemos uns mapas.
Como coñecimos a bandeira e algúns monumentos típicos do país plasmámolo todo nun par de fichas.
Montaxe realizada con PiZap.

domingo, 6 de marzo de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(IV) (DE ONDE SAIMOS?)

Quedaramos en que xa tiñamos información sobre o noso tema. Aí foi cando nos organizamos en parellas e cada unha tiña que buscar sobre un tema. Utilizamos as horas de comer que temos nós para ver se eles tiñan os mesmos momentos de comida. Fixemos cinco grupos de investigación:
oAlmorzo
oParva (Refrixerio)
oXantar
oMerenda (Hora do té)
oCea
Foron poñendo en común os datos que atoparan, cada un sobre o seu apartado. A algúns soáballes porque tamén o leran na súa información.
Antes de plasmar  a compilación feita decidimos facer unha actividade para situar o Reino Unido no mapa.
Primeiro, buscámolo nun mapa con nomes na pizarra dixital.
Despois sinalámolo nun mapa mudo na pizarra dixital.
E, por último,buscámolo nunha bola do mundo iluminada.
Fixemos o mesmo para situar Londres.
Plasmamos o aprendido nunhas  actividades impresas:
Montaxe realizada con PiZap.

luns, 29 de febreiro de 2016

XOGO EXIPCIO.

Xa sei que aínda non rematamos de contar como foi o noso proxecto do Reino Unido pero, como xa estamos metidos de cheo  nunha nova aventura (o fascinante Exipto), non podo deixar pasar a ocasión sen compartir algo sobre o tema.Que vos parecen uns xogos relacionados co que estamos traballando?
Pois aí vos quedan para que os gocedes!!!

-Se queredes avanzar dentro desta pirámide de bbc.co.uk teredes que atopar o número que falta nas operacións. Empezade polo máis fácil que o último nivel... non é para primeiro!!! (1º,2º e 3º sería)
- Agora unha de xeroglíficos. Mirade que máquinaa de escribir máis molona de discoveringegypt.com.
-En Hellokids.com aparecen  crebacabezas. Recoñecedes que son?
-E na mesm páxina tamén tedes para colorear on line ou imprimir os monumentos que vimos. Quen se lembra?

sábado, 27 de febreiro de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(III).

Portada do meu proxecto para o curso.

Como o curso do PLATEGA: Métodos innovadores na xestión da aula de primaria tamén abordaba a Aprendizaxe Baseada en Proxectos aproveitei o tema para aprender e poñer en práctica o que ía descubrindo.
Cóntovolo por partes:
1.No inicio do proxecto fixemos unha recollida das ideas previas a través da técnica do Remuíño de ideas. Unha vez expresado todo aquilo que xa sabiamos do tema, puxémolo por escrito.
Aí démonos conta que  non tiñamos demasiados datos sobre a gastronomía do Reino Unido.
2.Optamos por seguir  a nosa investigación cara o que nos interesaba aprender do tema en cuestión. Tamén  o  puxemos por escrito.
3.Aquí foi onde decidimos, entre todos/as, elaborar un guión para saber que apartados tocar:
-Coñecer onde está Reino Unido (e Londres, onde comeza a historia).
-Saber cantas comidas fan os ingleses.
-Averiguar os seus horarios para comer.
-Como se chaman eses períodos.
-Saber o que comen .
4. Pedimos información ás familias, pasamos pola biblioteca do cole, buscamos na Internet....

Na próxima entrada contámosvos como continuou o noso proxecto.