Amosando publicacións coa etiqueta google drive. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta google drive. Amosar todas as publicacións

mércores, 6 de xullo de 2016

A VOLTA AO MUNDO...(XIV).


Cando o lapbook de Exipto chegou á nosa aula puxémoslle moita atención porque ademáis de gustarnos moito traíanos unha sorpresa. Sabedes cal?Dúas sinalizacións que tivemos que poñer na super maqueta do salón de actos. Queredes vela?
Agora ensinámosvos o lapbook.
E tamén a fichas que fixemos nós.
Por  se é do interese dalguén, deixovolas aquí para descargar.
*Nos Deuses hai tres fichas, unha é de base e as outras dúas hai que recortalas e pegalas polo extremo esquerdo.

xoves, 30 de xuño de 2016

OBSERVANDO CHÍCHAROS.

Imaxe obtida en Pixabay. com

Como remate final da nosa participación  en "Voz Natura" ensinámosvos como nos quedou o noso rexistro dos chícharos.
Así traballamos
Montaxe realizada con PiZap.
Así quedou (aparece algunha ficha dobrada para que vexades mellor o noso traballo e tamén unha ficha a maoires que "adoptamos de Infantil).

Este é o noso rexistro, por si vos serve.