Imaxe de Arek Socha en Pixabay.com
O pasado 30 de xameiro, celebramos o día Escolar da Paz e a non Violencia no cole. Xa durante a semana anterior falamos do tema e fixemos unha plantación de fabas máxicas. Si, si, como o oídes! Máxicas de todo. Tanto é así, que aínda estamos esperando que saian!😅
Así decoramos os nosos testos.
E así plantamos.
Chegado o día 30 celebramos a 2ª edición da nosa carreira "Quilómetros de solidariedade" a favor de Save the Children. Este ano invitamos ás familias e, moitos viñeron a ver pero tamén a participar.
Quero agradecer a todas as miñas familias a súa participación (patrocinando, asistindo e correndo). E quero ter unha mención especial para a "Súper avoa corredora" (que chegou de terceira), a avoa de Gabriel. Ollade que ben o pasamos!! (A min o que máis me gustou foi a chocolatada do final😂😂)
Montaxes realizadas con Pizap.com
Aquí os nosos diplomas acreditativos.
Podedes ver a carreira do ano pasado aquí.
Ningún comentario:
Publicar un comentario