mércores, 26 de novembro de 2025

VISITA DE ELENA FERRO.

Imaxe dunha creación de Elena Ferro
O martes pasado todo o alumnado asistimos ao salón de actos para recibir a visita de Elena Ferro, a zoqueira de Merza, recoñecida polo seu traballo artesanal e pola tradición familiar dos zocos.
Elena explicounos as partes do zoco e puidemos ver de preto como se fabrica. O máis emocionante foi cando fixo un zoco en directo diante de nós, amosando cada paso con moita paciencia. Ademais, tamén fixo uns amallós  e contounos para que serven e como se colocan.
Tivemos a oportunidade de facerlle moitas preguntas, porque tiñamos moita curiosidade por saber como se aprende este oficio, canto tempo leva facer un zoco ou cantos modelos existen.
Montaxe realizada con Canva.com
Despois da charla, o alumnado de 1º de Primaria fixo unhas fichas nas que puidemos deseñar os nosos propios zocos.
Presentación en Calaméo
Foi unha experiencia moi bonita e divertida, e aprendemos moito sobre un oficio tradicional da nosa terra.
Moitas grazas, Elena, por compartir connosco o teu traballo!

Ningún comentario:

Publicar un comentario