domingo, 4 de xaneiro de 2026

CALENDARIO DE ADVENTO(II).

Imaxe de Stefan Schweihofer en Pixabay.com
O calendario que nos trouxo a fada propoñíanos pequenos retos en distintos ámbitos e de diversa natureza. O outro día falamos dalgúns relacionados coa aula e hoxe tocan os da casa.
Por exemplo:
-Realizar xogos en familia.
-Ver unha película familiar xuntos.
-Facer unha sobremesa en familia.
-Axudar na casa ou ter un xesto bonito con alguén.
Aquí vos ensino as fotos que enviaron Mateo e Adara sobre  o que fixeron.
               
                                                                               
O calendario de Advento da fada Perella axudounos a lembrar que o máis importante do Nadal non son os agasallos, senón compartir tempo, coidar das persoas que queremos e ser bos amigos e amigas.
Foi unha experiencia máxica que encheu a nosa aula de sorrisos, ilusión e espírito de Nadal .
Como sempre, por estas datas, tamén quixo deixarnos un detalliño para escribir e adozarnos as festas.
Grazas,fada Perella, por acompañarnos neste Advento tan especial!

Montaxes realizadas con Canva.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario