xoves, 2 de xullo de 2026

ÚLTIMO DÍA.

Imaxe de Suradej P en Pixabay.com
O último día de cole celebramos unha gran festa de fin de curso. Foi unha xornada chea de xogos, risas e momentos inesquecibles para despedir este fantástico curso.
Comezamos cunha merendola nas aulas, cada grupo na súa clase, compartindo un tempo moi agradable cos nosos compañeiros e compañeiras.
Despois chegou o momento máis refrescante do día: os xogos de auga. Participamos en diferentes probas, como levar auga con caldeiros e vasos, transportar auga cunha esponxa sobre a cabeza e unha divertida batalla de globos de auga. Para rematar, tamén gozamos duns "pistoleiros" moi especiais, cos que nos mollamos sen parar entre risas.
Montaxes realizadas con Canva.com
Ao longo da mañá tivemos dous recreos, nos que seguimos xogando e desfrutando do ambiente de festa.
Antes de marchar, regresamos á aula para recoller, deixar todo ben organizado e despedirnos dos nosos compañeiros, compañeiras e profes ata o vindeiro curso. O alumnado usuario do comedor rematou a xornada compartindo a comida antes de comezar as vacacións.

BO VERÁN A TODAS A A TODOS!!
VÉMONOS NO PRÓXIMO CURSO!!!! 

Ningún comentario:

Publicar un comentario