Imaxe creada con Gemini.google.com
Ha véspera de rematar o curso vivimos unha xornada moi especial no pavillón de Forcarei. Todo o alumnado do noso cole xuntouse co alumnado do CEIP de Soutelo para gozar dunha gran festa de inchables.
Durante toda a mañá pasámolo xenial saltando, correndo e xogando nas colchonetas inchables. Tamén tivemos un divertido obradoiro de pintacaras, no que nos converteron en superheroes, bolboretas, tigres e moitos personaxes máis. Ademais, elaboramos unhas fermosas pulseiras que levamos para casa como recordo deste día.
Ás 12:00 fixemos unha pausa para repoñer forzas cunha merenda de bocadillo e auga.
Montaxe realizada con Canva.com
Despois da merenda, chegou o momento de mover o corpo coa fantástica sesión de PriscilaDance, na que bailamos, rimos e desfrutamos da música. E, para rematar a xornada, volvemos ás colchonetas para seguir xogando e divertíndonos cos nosos compañeiros e compañeiras.
Foi un día cheo de xogos, amizade e moitas risas que, sen dúbida, lembraremos durante moito tempo.

.png)

Ningún comentario:
Publicar un comentario