luns, 26 de outubro de 2026

UNHA PEQUENA PAUSA

Imaxe xenerada en Chat GPT
Hai tempo que non dou sinais de vida por aquí, e xa ía sendo hora de asomar a cabeciña!
A verdade é que estes últimos tempos veñen cargadiños de traballo e non sempre queda espazo nin enerxía para todo o que nos gustaría facer. Ademais, teño que recoñecer que estou un pouquiño desencantada e que esa ilusión que me acompañaba ao escribir e compartir cousiñas neste blogue anda algo agochada.
Tamén é curioso como, ás veces, unha pode desaparecer un pouquiño e todo parece seguir igual, sen facer moito ruído. Supoño que cada quen anda coas súas cousas e que a vida continúa a toda velocidade!
Pero non pensedes que isto é unha despedida. Non, non!  Ás veces precisamos parar, coller folgos e deixar que as ganas volvan medrar amodiño.
Así que, polo de agora, vou ir ao meu ritmo. E quen sabe… Se un día recupero a ilusión, as gañas de contar historias e a maxia de compartir momentos con vós, pode que volva aparecer por aquí.
Mentres tanto, deséxovos días cheos de xogos, descubrimentos, risas e pequenas aventuras.
E lembrade: ás veces, facer unha pausa tamén é unha maneira de prepararse para volver voar. 
Ata entón, coidádevos moito e non deixedes de soñar!

Ningún comentario:

Publicar un comentario