Imaxe de Free Fun Art retocada en Canva
O 20 de novembro conmemoramos a adopción da Declaración dos Dereitos dos Nenos/as (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos dos Nenos/as (1989). Ambos acontecementos pretenden garantir que todos os nenos e nenas do mundo sexan tratados con dignidade, respectados nos seus dereitos e protexidos contra a violencia, a explotación e a discriminación. As dúas iniciativas buscan promover un mundo onde cada neno e nena poida crecer en condicións adecuadas, ter acceso á educación de calidade, recibir atención médica axeitada e vivir nun ambiente seguro e amoroso. O seu obxectivo é asegurar que todos os nenos teñan a oportunidade de alcanzar o seu máximo potencial e ser escoitados nas decisións que lles afectan.
Na aula, nós fixemos unha ruleta cos dereitos dos nenos/as e tamén falamos dos seus deberes.
Entradas anteriores do Día do neno e da nena aquí.
As actividades arredor do 25
de novembro, Día Internacional para a Eliminación da
Violencia contra a Muller,
fixéronse nas aulas. Nós realizamos
un mural baixo o título “Amor es...”,
despois dun coloquio sobre o tema. Así nos quedou!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario