martes, 4 de abril de 2023

DEPORTE ESCOLAR.

Imaxe de Alexander Lesnitsy n Pixabay.com
Xa falamos nunha entrada anterior do campo a través. Pois agora toca falar de deporte escolar.
No pasado mes de marzo tivemos dúas xornadas do mesmo. Celebráronse no  pavillón "Paco Rubio" de Forcarei, polo que xogamos na casa. Recibimos a visita dos compañeirxs do CEIP "Soutelo de Montes" e do CEIP Plurilingüe "Pedro Antonio Cerviño" de Campo Lameiro. Xogamos ao fútbol, ao baloncesto e ao voleibol. Gustaríame dicirvos como foron os resultados dos partidos pero, como iso non é o máis importante, aclararvos que gañamos, perdemos e empatamos. Un pouco de todo!
Montaxes realizadas con Pizap.com

2 comentarios: