Amosando publicacións coa etiqueta Día Terra. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Terra. Amosar todas as publicacións

luns, 22 de abril de 2024

DÍA INTERNACIONAL DA NAI TERRA (2024).

Imaxe obtida na páxina Gobierno de México
Cada 22 de abril recordamos que vivimos nun planeta que nos acolle como unha nai, a Nai Terra. Ela, danos todo o que precisamos para vivir os seres humanos o cal non implica que poidamos expoliala ou non respectala.

sábado, 22 de abril de 2023

DÍA DA TERRA (2023).

Imaxe de Andreas en Pixabay.com
Hoxe, 22 de abril, celebramos o Día Mundial da Terra. Estamos cansos de escoitar falar de quecemento global,do cambio climático, do efecto invernadoiro....pero, que facemos para invertir as tornas?

xoves, 22 de abril de 2021

DÍA TERRA 2021.

Imaxe atopada en miperiodicodigital.com
Partindo da premisa de que todos os días son o Día da Terra; hoxe, 22 de abril, celebrámolo especialmente.

mércores, 22 de abril de 2020

ESCÓITOTE, NAI TERRA!!!

Iustración de Evarami.studio
Que curioso que, estando parte do planeta confinado, sexa o momento no que a Terra brille máis intensamente. É so unha reflexión, un pensamento en voz alta que nos pode axudar a ser máis conscientes do que necesita o noso fogar conxunto para  estar mellor.

luns, 22 de abril de 2019

DÍA DA TERRA 2019.

Imaxe a topada na rede
Hoxe, 22 de abril, celebramos o Día Internacional da Nai Terra coa pretensión de recordar que o planeta e o que nel habita sustenta as nosas vidas. Tamén se poñen de manifesto os problemas que afectan á Terra e as diferentes formas de vida. Tedes información sobre o tema na páxina arxentina de AIM (Agencia de Informaciones Mercosur).
Queda para a reflexión esta presentación que nos fala de como están as cousas nestes intres.

Obtido no canal de Youtube de IMPOUY
Pero non podemos quedarnos solo co que está mal, senón que debemos actuar dentro das nosas posibilidades (que son moitas aínda que pensedes que non). Aquí vos deixo dúas cancións sobre a Terra para que as gocedes e sigades os consellos que nelas nos dan.
Obtido no canal de Youtube de Ballon  and Ben
Obtido no canal de Youtube de yose Ss
Non esquezades as entradas de anos anteriores; están aquí.
FELIZ DÍA!!!

domingo, 22 de abril de 2018

NAI TERRA.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Como cada ano, o 22 de abril, celebramos o Día Internacional da Nai Terra para concienciar á poboación dos problemas medioambientais, sobre todo  a contaminación, que afectan o lugar onde vivimos. Somos coñecedores en primeira persoa do que pasa o noso arredor, vemos o cambio climático sen necesidade de estudos cintíficos,  non evitamos  que se lastime conscientemente a quen nos acolleu e nos da de comer..... En serio precisamos un día para concienciarnos? Todos temos algo que facer e algún hábito que cambiar. Hoxe é un bo momento para comezar!
No blogueverde.com ofrécennos opcións para celebrar este día.
No doodle de Google deste ano fálanos a doutora Jane Goodall sobre a importancia de coidar o noso Planeta.
Obtido no canal de Youtube  The Spidertech.
Recordade aquí as entradas doutros anos.
Para rematar, un pouquiño de marcha con "Día de la Tierra"
Obtido no canal de Youtube Rockalingua
FELIZ DÍA!!!

sábado, 22 de abril de 2017

DÍA DA TERRA 2017.

Imaxe atopada na rede.
Como cada 22 de abril celebramos no mundo o Día Internacional da Terra. Segundo as Nacións Unidas o que se pretende é recordar que o planeta e os seus ecosistemas nos dan a vida e o sustento.
Para que a celebración sexa efectiva podemos seguir estes consellos que nos dan en Guía Infantil para todos os días.
Outros anos tamén celebramos este día. Botádelle un ollo!!
Podemos cantar cos personaxes de Barrio Sésamo "¡Nuestro planeta!"
Obtido no canal de Youtube Sésamo
FELIZ DÍA DA NOSA NAI TERRA!!!

venres, 22 de abril de 2016

DÍA DA TERRA.

Imaxe de informacionimagenes.net
Hoxe é o Día da Terra, que comezou a celebrarse nos Estados Unidos en 1970, e vai camiño de cumplir o seu 50 aniversario. O tema deste ano,2016, é "As árbores para a Terra" e ten o obxectivo de plantar 7,8 millóns de árbores nos próximos cinco anos.Trátase de repoboar o que a man do ser humano "destrúe", pero...non sería mellor construír?
Con solo tres xestos sinxelos estaremos contribuindo a coidar o noso Planeta. 
Veña, imos, aínda non é tarde!!!
Obtido en Canal de Youtube estudio Ronda.
Nós decidimos celebralo durante esta semana seguindo  co noso horto de Voz Natura.
Nesta ocasión fixémolo xunto cos nenos e nenas de 3º e 4º de primaria. Eles plantaron as súas leitugas, e xuntos, fresas e ceboliño.
Aquí tendes  como nos foi.
Montaxe realizada con Be Funky.

Podedes ver tamén como lle vai ás nosas leitugas  e canta auga conseguimos recuperar(Aínda que non tivemos ocasión de regar porque chove seguido).

Noutra entrada contarémosvos que outra actividade de plantación fixemos. Cal será?

mércores, 22 de abril de 2015

DÍA DA TERRA 2015.

Imaxe sacada do blogue  Reciclado y ecología.

Este ano cúmprense 45 anos da primeira celebración do Día da Terra  e celébrase baixo o lema "É o noso turno para liderar o cambio". No ano 1970 instituiuse en Estados Unidos esta data, un ano despois  dunha traxedia ecolóxica acaecida nas costas de Santa Bárbara: un tremendo derramamento de petróleo. Activistas , cidadáns e un senador concreto da época(Gaylord Nelson) realizaron unha intensa campaña en prol do medio ambiente. Case vinte anos despois,a ONU decretou o 22 de abril como o Día Internacional da Nai Terra.
A estas alturas non importa demasiado a orixe e, moito menos o nome da efeméride, pero sí o que pasa e o que podemos e debemos facer para axudar a preservar o planeta e mellorar a nosa calidade de vida en harmonía coa natureza.

Neste vídeo de Acciona faisenos unha interesante pregunta final : Que fas ti para protexer ao Planeta Terra?
Escríbeo nesta entrada para que todos poidamos velo e levalo a cabo.  Así entre todos/as conseguiremos salvar o futuro do noso MUNDO.
Dreixovos unha imaxes para colorear relacionadas coa Nai Terra. Gozade do Día!!!

martes, 22 de abril de 2014

DÍA DA TERRA.

Imaxe obtida na páxina de Nacho Brunt  (nocturnar)

O Día  da Terra  celébrase o 22 de abril en moitos países do mundo. Instaurouse este día para crear unha conciencia común aos problemas da superpoboación, produción da contaminación, a conservación da biodiversidade e outras preocupacións ambientais para protexer á Terra.
Temos un fermoso Planeta ,cedido durante uns anos para uso e disfrute noso e dos nosos, pero non debemos esquecer que é de prestado. Uns estiveron antes e outros virán despois; que queremos deixarlles en herdanza?Se a Terra é o noso fogar por que non o tratamos como tal?
Na páxina das Nacións Unidas tendes información sobre a celebración deste día.
Neste vídeo que atopei no Youtube vemos a importancia que ten o noso Planeta.
 
Fernanda Avalo fálanos de como coidar o medio ambiente.
Nesta páxina do goberno  de La Rioja , sobre medio ambiente, atoparedes divertidos materiais descargables  e enlaces de interese con máis xogos.