Imaxe de Rosy/Bad Homburg/Germany en Pixabay.com
Comezamos o mes de decembro vivindo un día moi especial para celebrar o Día Internacional das Persoas con Discapacidade.
Veunos visitar Rosalía Morlán, autora de " O dragón Antón e o sapo Rosendo", "A coitada lúa", "Estrelas de azucre"... e, entre eles, “A bolboreta Arlequina”. Este libro vímolo na clase todos os cursos e fixemos actividades arredor del.
Para recibir á escritora preparamos unha chea de bolboretas para facer un cartel co seu nome.
Os nenos e nenas do club de lectura prepararon unha presentación dramatizada de Rosalía. Vestíronse coma os personaxes do libro e mesturaron conto e realidade. A bolboreta Arlequina e os seus amigos fixéronnos sorrir e aprender.
Gustounos moito coñecela e escoitar as súas palabras. Rosalía falounos da importancia de ser diferentes, de respectarnos e de axudarnos uns a outros.
Foi unha actividade moi bonita e divertida. Aprendemos que todas as persoas somos únicas e que a diversidade fai o mundo máis fermoso.
Xunto a Rosalía tamén nos visitou Javi, en representación de AUPA Deza (Asociación Unida de Pais Azuis do Deza) e contounos que fan na súa asociación. Se queredes máis información visitade o seu Instagram.
Grazas, Rosalía e Javi, por compartir con nós esta experiencia tan especial!


.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario