Cartel da película
O pasado 5 de decembro todo o alumnado do cole fixemos unha saída moi especial. Fomos aos Mini Cines Central da Estrada para ver a película “Zootrópolis 2” .
Saímos do colexio moi ilusionados/as e, aínda que o tempo non acompañaba moito, anós dabanos igual.
Sentámonos nas butacas, repartíronse os gusanitos e flocos de millo, apagaron as luces e comezou a película. Foi moi divertida, con moitas aventuras e personaxes moi simpáticos. Rimos moito e estivemos moi atentos durante toda a sesión.
Gustounos moito ver como os animais de Zootrópolis traballaban xuntos, se axudaban e aprendían a ser amigos, aínda que fosen diferentes. A película ensinounos valores moi importantes como o respecto, a amizade e o traballo en equipo.
Montaxes realizadas con Canva.com
Despois da película volvemos ao cole moi contentos/as, falando do que máis nos gustara. Foi un día diferente, cheo de emocións e moi especial para todos nós .
Encantounos ir ao cine e esperamos repetir!


.png)
Ningún comentario:
Publicar un comentario