Obtido na páxina de 20 minutos.es
Hoxe, 9 de novembro, celebramos o Día Internacional da Inventora e do Inventor, unha xornada moi especial para lembrar a todas as persoas que, grazas á súa creatividade e curiosidade, fixeron posible que o mundo avanzase con novas ideas e descubrimentos.
Esta data celébrase cada ano o 9 de novembro en homenaxe a Hedy Lamarr, unha actriz e inventora austríaca nacida este día en 1914. Ademais de ser unha estrela de cine, Hedy foi unha muller moi intelixente e curiosa. Xunto co enxeñeiro George Antheil, inventou un sistema de comunicación que máis tarde serviría de base para o wifi, o bluetooth e o GPS que usamos hoxe en día.
O Día Internacional da Inventora e do Inventor comezou a celebrarse en Alemaña no ano 2005, e hoxe en día esténdese por moitos países para recoñecer o valor da creatividade humana e animar ás nenas e nenos a imaxinar e crear cousas novas.
Celebramos este día para lembrar que todas as persoas podemos ser inventoras ou inventores. Só precisamos curiosidade, ganas de aprender e moita imaxinación.
Os inventos axúdannos a mellorar o mundo: desde o lapis ata o avión, pasando polos cepillos de dentes eléctricos ou as aplicacións móbiles.
FELIZ DÍA!!!

Ningún comentario:
Publicar un comentario