venres, 7 de novembro de 2025

SAMAÍN NO COLE(II).

Imaxe de Juliezimmi3 en Pixabay.com
A semana pasada o colexio encheuse de cores, risas e... ¡cabazas monstruosas! Con motivo da celebración do Samaín/Halloween, o alumnado de 1º de Primaria, xunto con todo o cole, participou nunha exposición de cabazas chea de colorido e creatividade organizada como cada ano pola teacher.
Cada neno e nena trouxo a súa cabaza decorada con moita imaxinación: había cabazas divertidas, terroríficas, luminosas e mesmo algunhas con personaxes moi coñecidos.Foi marabilloso ver como cada unha tiña algo especial e diferente.
Podedes velas neste fantástico vídeo que fixo a teacher!
Nesta outra resentación centrámonos na da nosa clase. A ver que vos parece!
Montaxe realizada con Canva.com
No corredor de 1º e 2º ciclo fixemos un recuncho de apócemas grazas á invitación da profe Tania. Ela proporcionounos o modelo para escribir a nosa beberaxe e na clase fomos creandoas entre todos/as. Este foi o resultado!

Publicado con Calamèo.com

Ningún comentario:

Publicar un comentario