Imaxe de Juliezimmi3 en Pixabay.com
O pasado 29 de outubro, o alumnado de 1º e 2º de Primaria viviu unha xornada moi especial: un "Break out" inspirado no “Hotel Transilvania”!
Organizámonos en grupos mixtos do primeiro ciclo, e tivemos que superar diferentes probas misteriosas repartidas por todo o colexio. Cada espazo agochaba un reto que nos achegaba un pouco máis ao gran segredo final...
Saimos da aula de PT, onde "Draculina " nos explicou o que debiamos facer.
Na biblioteca, había unha meiga que precisaba axuda. Tivemos que ordenar os elementos dun feitizo resolvendo adiviñas e iso permitiunos averiguar en que libro estaba a palabra máxica que precisabamos. Atopar o libro foi ben doado!
No espazo maker, construimos cabazas con pezas LEGO e desciframos a pista grazas a un alfabeto tamén de pezas.
No ximnasio, o home lobo preparou unha xincana colaborativa.
Na aula de música, unha pantasma fíxonos interpretar unha peza musical e clasificar instrumentos en inglés.
E na aula de inglés, unha bruxa fíxonos un xogo con cabazas e emocións.
Finalmente, cando conseguimos todas as palabras, chegamos á aula de PT, onde nos esperaba a gran sorpresa final.Ordenamos as palabras e apareceu unha mensaxe: "A chave sodes vós".
Non era nada material senón o froito do traballo compartido entre todos/as.
Conseguimos unhas pulseiras para acceder á gran festa do xoves.
Montaxe realizada con Canva.com

Ningún comentario:
Publicar un comentario