Cartel do espectáculo
O pasado 17 de outubro, no noso colexio celebramos o Día das Bibliotecas dunha maneira moi especial. Tivemos a sorte de recibir a Nelson Quinteiro, que nos trouxo o seu espectáculo “Pequeno Cabaret Infantil”.
Desde o primeiro momento, Pedriño Mendrugo (mestre de cerimonias) encheu o salón de alegría, música e humor. Cos seus contos, cancións e xestos, conseguiu que todos e todas participásemos: bailamos, cantamos e rimos sen parar. O seu cabaret está cheo de maxia e imaxinación. Da única que non puidemos desfrutar foi da gran estrela Jacinta Floret, que non se deixou ver durante toda a actuación. Pero...a saber! Como é unha pulga...
Foi unha gran actuación para celebrar un día ben importante.
Montaxe realizada con Canva.com


Ningún comentario:
Publicar un comentario