mércores, 12 de novembro de 2025

SAMAÍN NO COLE(III).CELEBRACIÓN DO SAMAGOSTO 2025.

Imaxe de dandelion_tea en Pixabay.com
O pasado  30 de outubro, o alumnado de 1º de primaria viviu unha mañá moi especial coa celebración do Samaín-magosto. O colexio encheuse de disfraces divertidos, música, castañas e moitas risas.
Chegamos pola mañá convertidos en bruxas, esqueletos, vampiros, monstros e moitos outros personaxes cheos de maxia. 
Descubrimos ao chegar que tiveramos unha visita moi especial: a Fada Perella, que nos trouxo chuches máxicas a todos e todas. 
Durante o recreo gozamos dunha merenda deliciosa de castañas asadas e batido de chocolate, preparada con moito agarimo. 
A festa continuou coa interpretación musical da Familia Addams, que nos fixo rir e aplaudir sen parar, e despois chegou o momento de mover o corpo co baile do esqueleto.
Para rematar, xogamos con castañas en diferentes probas e carreiras cheas de diversión e traballo en equipo.
Foi un día inesquecible!
Montaxes realizadas con Canva.com
Obtido na canle de Youtube de Anabel García

Ningún comentario:

Publicar un comentario