Imaxe obtida na rede
Hoxe temos a sorte de celebrar dous días nun ;como as ofertas do súper! Por unha banda, o Día Internacional da Paz. Como xa sabedes, nós dedicámoslle máis atención en xaneiro (porque temos unha data escolar) pero non está de máis falar dunha das cousas máis importantes que precisamos os seres humanos para convivir. A Asemblea Xeral das Nacións Unidas escolleu o 21 de setembro para dedicalo ao fortalecemento dos ideais de paz entre os pobos. A campaña deste ano céntrase na importancia de combater o cámbio climático para promover e protexer a paz no mundo.
Para saber algo máis, premede na imaxe.
A outra conmemoración que nos acompaña é o Día Mundial do Alzheimer, instituído pola Organización Mundial da Saúde (OMS) e auspiciado polo Alzheimer´s Disease International (ADI) en 1994. O lema elexido este ano pola CEAFA é #Evolución, que implica os cambios que se producen na enfermidade e os que deben realizarse enfocándose aos coidados. Se clicades sobre o cartel, teredes máis información.
Cartel da CEAFA
Quero déixarvos este conto, "La abuelita necesita besitos"(que o temos na nosa biblio),para que entendades un pouquiño mellor que pasa con esta enfermidade.
Obtido no canal de Youtube de Marilo Garces
Pasádevos a ver as entradas de anos anteriores premendo aquí.
FELIZ DÍA!!!