Amosando publicacións coa etiqueta Día TEL. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día TEL. Amosar todas as publicacións

xoves, 30 de setembro de 2021

COMEZAMOS A DOBRAR.

Imaxe obtida en La Opinión de Murcia
Hoxe, 30 de setembro, é o Día Internacional do Trastorno Específico da Linguaxe.

mércores, 30 de setembro de 2020

DÚAS CELEBRACIÓNS E UNHA DESPEDIDA.

Homenaxe de Fernando Pinilla ao mestre Quino
Hoxe é un día de celebración pero viuse empañado pola despedida do gran mestre Quino, creador da sempre enxeñosa Mafalda. Os que gozamos da lectura e , concretamente desta nena que odia a sopa e ten reposta para todo, sentímos un pouco orfos  depois da partida  dun xenio da creación. So nos queda desexarlle boa viaxe e que alá onde vaia non deixe de crear. Ata sempre, mestre!!!

luns, 30 de setembro de 2019

SEGUIMOS DUPLICANDO.

Imaxe atopada en Pixabay.com
Coa chegada do fin de setembro aparecen no calendario dúas datas reivindicativas que celebrar: o Día Internacional das Persoas Xordas e o Día Internacional do Trastorno Específico da Linguaxe.
Imaxe atopada na rede
Na última semana de setembro centramos a mirada nas persoas que teñen dificultades para oír e, no derradeiro domingo do mes, acae o Día das Persoas Xordas. Para ter máis información , preme sobre a imaxe superior ao texto.
Queredes coñecer a historia de Tamara? Prestade atención e esta preciosa curta de House Boat Animation Studio.
Obtido no canal de Dis kapazidad
Imaxe obtida en atelar.org
O día 30 fixámonos no Trastorno Específico da Linguaxe, que é unha patoloxía da linguaxe que tradicionalmente se considerou evolutiva (Aguado, G., 2002). A ASHA (American Speech-Language-Hearing Association) defíneo como unha anormal adquisición, comprensión ou expresión da linguaxe oral ou escrita.
Obteredes máis datos se consultades as entradas de anos anteriores aquí.
FELIZ DÍA!!!

domingo, 30 de setembro de 2018

DOBRE OU NADA.

Imaxe atopada na rede.
A finais de setembro temos unha dobre celebración: o Día Internacional das Persoas Xordas e o Día do Trastorno Específico da Linguaxe (TEL) .
Nos últimos días  de setembro, as comunidades xordas, organizan unha semana internacional adicada aos que non poden oír. 
Na páxina de Guía infantil aparece un artigo sobre a xordeira na infancia.
Compártovos tamén un traballo audiovisual onde se explica a importancia da linguaxe de signos.Está realizado polo Laboratorio de Animación do Departamento de Novos Contidos de ViVe TV.
Obtido no canal de Youtube Taller Telekids.

Imaxe obtida na rede.
Desde Atelga (Asociación TEL Galicia) explícannos en que consiste o Transtorno Específico da Linguaxe.
Na web oficial de Orientación Andújar, tedes unha guía para RL e TEL da Concejalía de Educación de Andalucía.. Botádelle un ollo!
Neste pequeno vídeo aparecen signos de alerta para a detección do problema. Nunca está de máis asegurarse.
Obtido no canal de Youtube de Mi terapia con Ximena.
Consulta a entrada do ano anterior, aquí.
FELIZ DÍA!!!