viernes, 17 de abril de 2015

MEMORABLE VISITA.

Foto realizada polo profe Toño

Que ten que ter algo para converterse en memorable?Supoño que vai depender de cada un de nós e do que consideremos digno de gardar na nosa memoria. Así é , que non vou poder dar unha definición que se axuste ao conxunto da maioría, pero sabedes que? Tampouco o pretendo. Xa me ides coñecendo e vedes que non son de maiorías, nin do"normal", nin de tantas outras cousas que non entendo ben.
É memorable , para min, todo aquilo que toca o corazón e o fai latexar, o que provoca sentimentos crus que rabuñan a alma,o que aloumiña os sentidos e desafía a mente. Por iso, a tarde de onte foi merecedora dun lugar de honra entre os nosos recordos. Visitáronnos dous mozos, con alma de nenos e a sabedoría recollida dos vellos. Un versa música e o outro, musica versos.
Desde o cole de O Foxo (o dos meus amores como alumna) chegounos Xosé Luna, cargado de bicos de cores, de pinceladas reflexivas e preguntas curiosas.
Desde Cuntis, terma viva e curativa, apareceu un guitarrista con voz de campo e chuvia, con maxia nos dedos e alma no cantar. 
Vaia par de secuaces da Lingua , da Identidade e do Amor por Galicia!!!!
GRAZAS RAPACES POR UNHA TARDE MEMORABLE!!!

(Noutra entrada cóntovos o previo e o que deu de si a xornada).

8 comentarios:

  1. Felicidades por disfrutar de una tarde memorable Anabel
    No acabo de entender bien el gallego y tengo que recurrir a un traductor,jajaja
    Un biquiño forte o un gran bico? es lo mismo

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchas gracias, Marisa.Al final te va a venir bien pasarte por el blog; vas a acabar dominando otra lengua, jejeje.
      Unha aperta forte.(Un abrazo fuerte)

      Eliminar
  2. Sen dúbida una gran visita memorable, Anabel. Esperaremos a que nos contes o previo e o que deu de si a actividade. Unha aperta.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Estou niso, eu sen presa pero sen pausa, jejeje.
      Un biquiño forte.

      Eliminar
  3. De vez en cuando te sigo y me aportas ideas para mi clase.
    Te he dejado un regalo en mi blog
    www.tumeaprendes.com
    Un saludo.
    María.

    ResponderEliminar
    Respuestas
    1. Muchas gracias por el premio , María, recojo encantada. Yo he descubierto tu blog enviando ayuda para tu proyecto de flores e insectos. Tendré que pasarme más a menudo porque he visto cosas muy interesantes.
      Un saludo.

      Eliminar
  4. Estuvo moi ben as suas canciones ou poesias
    Sheila

    ResponderEliminar