sábado, 14 de febreiro de 2026

SEMANA DO MECO (2026).

Imaxe atopada en Pixabay.com
Durante estes días de febreiro celebramos a divertida Semana do Meco, na que cada día tivemos que cumprir un mandato moi importante… e moi tolo! 
O mellor de todo foi que cada día era acumulativo, así que non podiamos esquecer nada do que levaramos posto nos días anteriores. 
Imaxe creada con IA pola profe Vane
Luns: Calzado atrevido.
O Meco mandou vir ao cole cun calzado ben atrevido. Zapatillas de cores, botas diferentes, un zapato de cada… Todo valía se era divertido e chamativo!
 Martes: Algo dourado.
O martes tivemos que engadir algo dourado ao noso vestiario para colaborar con ASANOG, apoiando a causa do cancro infantil.
Foi un día moi especial no que, ademais de rir e pasalo ben, demostramos que tamén sabemos ser solidarios. 
Montaxes realizadas con Canva.com
Esta é a invitación que nos fixeron
Subido a Scribd.com
e este o lazo que compuxemos.
Na próxima entrada seguimos co Meco.

Ningún comentario:

Publicar un comentario