O pasado día 6 celebramos no cole a nosa
V Carreira Solidaria pola Paz, unha actividade que xa se converteu nunha fermosa tradición. Este é o quinto ano que a levamos a cabo e, unha vez máis, foi todo un éxito!
Aínda que tiñamos previsto facer a carreira no exterior, o mal tempo obrigounos a trasladala ao pavillón. Esta celebración xa fora adiada polo mesmo motivo pero iso nasda impediu que vivísemos unha xornada chea de ilusión, compañeirismo e solidariedade.
Nesta ocasión, a carreira foi a favor de
AUPA Deza, colaborando así cunha causa moi especial. Recordades a visita de Rosalía Morlán? Pois ese día , tamén veu Javi a falarnos da aociación, Podedes recordado premendo
aquí.
Queremos agradecer a xenerosidade de todas as familias que participaron e achegaron o seu gran de area.
Encantounos ver como as familias viñeron acompañarnos e tamén correron cos seus fillos e fillas. Mesmo algúns mestres e mestras se animaron a participar, compartindo esforzo, sorrisos e moita enerxía positiva.
Montaxe realizada con Canva.com
Para rematar esta xornada tan especial, reunímonos todos e todas para cantar xuntos a canción de Unai Quirós, “Mi mochila de la Paz”, enchendo o pavillón de voces, emoción e unha mensaxe moi importante: levar sempre a paz na nosa mochila.
Obtida na canle de Youtube de Unai Quirós
Grazas a toda a comunidade educativa por facer posible, un ano máis, esta carreira tan necesaria e significativa.
Ningún comentario:
Publicar un comentario