Amosando publicacións coa etiqueta Día discapacidade. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día discapacidade. Amosar todas as publicacións

martes, 28 de decembro de 2021

xoves, 3 de decembro de 2020

#EUTAMENPODO.

Ilustración de Noelia Medina
Hoxe, Día Internacional das Persoas con Dispacidade, lembrámonos na aula de Álex, un chico moi simpático que nos vistou o ano pasado.

xoves, 26 de decembro de 2019

CELEBRANDO A DIVERSIDADE.

Imaxe atopada na rede
O día 3 de decembro celebramos no cole a existencia de persoas no mundo que teñen capacidades diferentes. Pois..... igual ca nós, non?
Na aula, fomos confeccionando unhas mans laranxas con mensaxe. Esta cor foi escollida por asociacións da zona para visibilizar ás persoas con diversidade funcional e, concienciar á sociedade de que son seres humanos coma nós, que precisan axuda, pero poden facer case de todo e ser moi felices. 
Nalgunhas aulas escribiron palabras que falaban da integración, no noso caso creamos unha frase de clase. Sabedes o que pon?
INCLUSIÓN XA!❤️
Xuntámonos no salón de actos e vimos un vídeo do conto "Superniños",que nos gustou un montón  e, por último, fixemos unhas fotos coas nosas mans que se enviaron á Asociación Working Wheels de Lalín.
Temos que darlle as grazas, de maneira especial, á profe Silvana que foi xerme desta iniciativa. Pero...non quedou a cousa aí.Xa vos contarei!
Montaxes realizadas con Pizap
Déixovos a curta para que gocedes outra vez!
Obtido no canal de Youtube de Niños Aventureros.

martes, 3 de decembro de 2019

IMPORTA TANTO COMO SE CHAMA UN DÍA?

Imaxe obtida na páxina da Nacións Unidas
 Desde 1992, o 3 de decembro, está recoñecido como o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Con isto preténdese promover os dereitos e benestar das persoas con discapacidades en todos os ámbitos da sociedade e o desenvolvemento, así como concienciar sobre a súa situación en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural. (Fonte: Páxina das Nacións Unidas).
Pois ben, hoxe asistín a unha discusión sobre a terminoloxía que nomea á conmemoración  que nos ocupa hoxe: discapacidade vs diversidade funcional. Non vos vou reproducir aquí a conversa pero a conclusión que saquei eu foi: aceptémonos todos/as como somos e fagamos un mundo mellor no que poidamos convivir en paz e sen barreiras de ningún tipo. As palabras só son iso, palabras.
Dito isto, na páxina  diainternacional.com tendes información sobre esta data.
Déixovos a testemuña de Sara Andrés, mestra e atleta paralímpica que é unha das 3 españolas que conseguiu un récord en atletismo adaptado. Escoitade atentamente o que di, resulta moi inspirador!
Obtido na páxina de Youtube AprendemosJuntos
Podedes consultar as páxinas doutros anos, aquí.
Rematamos cunha fantástica curta sobre...  Vós mirádeo e xa me contaredes!
Obtido no canal de Youtube de The Present
FELIZ DÍA, CIDADÁNS DO MUNDO!!!

luns, 3 de decembro de 2018

INTÉGROME! INTÉGRAME!

Imaxe obtida en REHAGIRONA
Según António Guterres, Secretario Xeral da ONU, "Neste Día Internacional,reafirmaremos o noso compromiso de traballar xuntos por un mundo mellor que sexa inclusivo,equitativo e sostible para todos, e no que os dereitos das persoas con discapacidade se fagan plenamente efectivos".
Para falar sobre o Día Internacional das Persoas con Discapacidade debemos que ter moi claro que pertencen, igual ca nós, á sociedade e polo tanto deben estar integradas nela. Para que isto suceda non so depende deles; nós temos moito que ver coas nosas actitudes e accións.
Ollade esta curta , presentada no Festival de cine de Cannes,  que promove a inclusión.
Obtido no canal de Youtube DisneyChannelLA
Tamén vos propoño unha nova mirada sobre o tema, que nos ofrece  a Fundación Prevent. Fálanos de como nos comportamos coas persoas con discapacidade e como lles gustaría a eles ser tratados realmente.
Obtido no canal de Youtube  Fundación Prevent
En anos anteriores  xa vos contei cousiñas sobre este día. Preme aquí para recordalas.
BO DÍA!!!

domingo, 3 de decembro de 2017

CAPACIDADES DIFERENTES.

Imaxe atopada na rede.
Todos os 3 de decembro, obsérvase no mundo o Día Internacional das persoas con Discapacidade. O seu obxectivo é chamar a atención e mobilizar apoios para aspectos fundamentais  relativos á inclusión na sociadade das persoas con discapacidade. Pero se son persoas, xa pertencen á sociedade por pleno dereito, non? Como seres humanos temos virtudes e defectos , capacidades diferentes e cousas que nos custan máis. Iso pásanos a todos!!!! E senón, pasádevos pola nosa clase e veredes que a primeira que se equivoca é a profe; que recorta torto e moitas cousas máis que non vos vou contar. Por iso entendo a quen lle custa, o que non paso é que non se intente. 
Para alegrarvos  o día déixovos unha canción de Andaluna e Samir que ten que ver coa integración.
Obtido no canal de Youtube de AndalunaySamir.
Imaxe de Loqueleo Santillana.
Premede aquí para ver as entradas doutros anos.
FELIZ DÍA!!! 

sábado, 3 de decembro de 2016

SON CAPAZ DE...

Imaxe atopada na rede.

Cada 3 de decembro celebramos, de maneira mundial, o Día Internacional das persoas con Discapacidade. Son persoas que teñen os mesmos sentimentos, os mesmos soños e similares preocupacións  que as que temos nós. Pero enfróntanse a un handicap a maiores nas súas vidas: simplemente que os vemos diferentes. Porque ... quen dixo que somos perfectos/as? Que non hai cousas que nos custan ou que non sabemos ou non podemos facer?  Cada un de nós debemos ser conscientes das nosas capacidades e intentar chegar a onde queremos, pedindo axuda se a precisamos ou axudando a outro que lle custe máis. Entón... Onde está a diferenza? NA MIRADA.
CAMBIEMOS O NOSO XEITO DE MIRAR: TODOS SOMOS IGUAIS!!!
E agora un precioso conto de Jérôme Ruillier, que nos fala de incluír, normalizar e axudar.
Atopado no canal de Youtube de Mayte Calavia.

xoves, 3 de decembro de 2015

FIXÉMONOS NAS CAPACIDADES.

Imaxe obtida na páxina do Intef.

Hoxe, 3 de decembro, é o Día Internacional das Persoas con Discapacidade. Foi establecido polas Nacións Unidas co obxectivo de chamar a  atención  e movilizar apoios con respecto á inclusión  de persoas con discapacidade na sociedade.
Para que vexades que o importante non é o que nos falta senon o que posuimos, deixovos esta preciosa historia desta nena e o seu can Coco.

Obtido en Youtube: Escuela para niños y niñas ciegos de Guadalajara A .C.

Fixádevos no que nos di Talentina, esta falangueira nena de cinco anos, entusiasta e optimista. Creo que lle imos ter que seguir a pista, non credes?
Imaxe obtina no blogue Desarrollo del talento.

mércores, 3 de decembro de 2014

DISCAPACIDADE=IGUALDADE.

Imaxe obtida na rede.

O día 3 de decembro celebramos o Día Mundial das persoas con Discapacidade co obxectivo de chamar a atención e movilizar apoios para aspectos clave relativos á inclusión destas persoas na sociedade. O tema de 2014 é "O desenvolvemento sostible: a promesa da tecnoloxía".
Na súa mensaxe o Secretario Xeral das Nacións Unidas, Ban Ki-moon, ínstanos a que " fagamos todo o necesario para asegurar que as políticas, os programas, as directrices e as tecnoloxías do século XXI estean ao alcance das persoas con discapacidade e teñan en conta as súas perspectivas e experiencias."
Todos temos calidades excepcionais e todos necesitamos axuda en ocasións. Non somos tan diferentes, non cres?
VÍDEO canción El canto del loco “Tal como eres “