Ilustración de Noelia Medina
Hoxe, Día Internacional das Persoas con Dispacidade, lembrámonos na aula de Álex, un chico moi simpático que nos vistou o ano pasado. Non nos acordabamos moi ben do seu nome pero da súa cadeira de rodas, do seu coche adaptado e de todas as cousas que podía facer, diso si que tiñamos recordo. Tamén falamos dos amigos/as de Cogami e das cousas que nos ensinaron. Clicade sobre a imaxe se queredes recordalo.
Montaxe realizada con PiZap.com
Atopei este manifesto pola diversidade, na páxina de Lalín Diverso que me encantou. Este ano o seu lema é #eutamenpodo, para encher as redes de cor laranxa. Botádelle un ollo a ver que vos parece.Podedes consultar as entradas de anos anteriores premendo aquí. Atoparedes información, curtas, contos, música... Un pouco de todo!!!
FELIZ DÍA!!!
Ningún comentario:
Publicar un comentario