Amosando publicacións coa etiqueta Jazz. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Jazz. Amosar todas as publicacións

mércores, 29 de abril de 2020

HOXE DÍA DA DANZA E MAÑÁ?

Imaxe de  Lars Peter Witt en Pixabay.com
Hoxe é o Día Internacional da Danza, o cal levamos celebrando dende 1982 para conmemorar o nacemento do bailarín e coreógrafo Jean-Georges Noverre. Tedes información sobre esta data na páxina diainternacionalde.com .

luns, 29 de abril de 2019

DANZA E MÚSICA.

Foto de danza Maasai  obtida en Pixabay.com
Hoxe, 29 de abril, é o Día Internacional da Danza. Como xa sabedes,existen entradas de anos anteriores que podedes consultar, e eu dedicareime a darvos novas informacións. Como por exemplo, que este ano a encargada de escribir o manifesto para este día foi a bailarina, coreógrafa e docente exipcia, Karima Mansour. Resumiría a  súa mensaxe en "A danza é sanadora. A danza é onde a humanidade pode atoparse." Se queredes ler a mensaxe enteira premede aquí.
Tamén é propio de min, neste día, falar do meu curmán Pablo que, xunto cos seus compis da escola Media Punta, recorren escenarios e concursos mostrando a súa arte. Pero fora dos premios que conseguen(que son moitos)o máis importante é loitar polos soños e gozar do que apaixona. Quedádevos con iso porque é importante para as vosas vidas: sen esforzo non se consegue nada e a felicidade persoal está ligada a  dedicarse ao que a un lle gusta.
Queda aquí testemuña do traballo destes mozos/as que representan "Terra de meigas" na III Gala do Turismo das Rías Baixas.

Obtido no canal de Youtbe MEDIA PUNTA
Se clicades no enlace poderedes disfrutar doutras fantásticas coreografías no su canal e non esquezas o de anos anteriores, aquí.
Imaxe   obtida en Pixabay.com
Adiantándonos a mañá, 30 de abril, xa comezamos hoxe a festexar o Día Internacional do Jazz. Se queredes saber o por que da súa cebración, clicade na imaxe.
E que mellor maneira de facerlle homenaxe a este xénero musical tan vital , como escoitar unha boa peza. Nesta caso trátase de "A shot in the dark" do xenial Henry Mancini. Que vos guste!!!
Obtido no canal de Youtbe de Dachero
FELIZ DÍA!!!

domingo, 29 de abril de 2018

MÓVETE!

Imaxe obtida en www.milesdetextos.com
Dende o ano 1982 vimos celebrando, o 29 de abril, o Día Internacional da Danza. Foi establecido polo Comité de Danza do Instituto Internacional do Teatro da UNESCO para atraer a atención sobre esta disciplina artística.
Se queredes máis información e recursos sobre o tema, visitade a páxina do intef.
Como xa temos no blogue varias entradas sobre a danza con moitos vídeos e información, permitídeme que este ano volva a mencionar a alguén importante para min. No ano 2013, o meu curmán Pablo e os seus compis de academia, lograban en Riesa(Alemania) o primeiro premio no festival de Showdance. Este ano veñen de gañar un ouro no campionato de España con esta innovadora coreografía que fusiona a música tradicional galega co hip hop. Esta rapazada, con tantas gañas e ilusión, quere participar  no Mundial de Danza  que terá lugar en xuño no noso país. Necesitan apoio e difusión para obter patrocinadores. Entre todos podemos conseguilo. Gozade do seu baile  e seu bo facer!!!
Obtido no canal de Youtube de Media Punta
Como o 30 de abril é o Día  Internacional do Jazz , pechamos cunha famosa peza do xénero que pertence ao  Libro da Selva ("Quero ser un home coma ti").
Obtido no canal de Youtube de angellgrafico.
Non esquezades  visitar as entradas de anos anteriores. Premede aquí.
FELICES DÍAS DE BAILE E MÚSICA!!!

sábado, 29 de abril de 2017

PECHAMOS CON FESTA.

Imaxe obtida en Pixabay.com
O mes de abril foi unha pura festa e para non defraudar seguimos coas celebracións ao seu remate. O 29, festexamos o Día Internacional da Danza. Instaurado en 1982 polo Comité Internacional da Danza do Instituto Internacional do Teatro ( ITI), pretende unir a todas as danzas nesta data para celebrar esta arte universal. Este ano, a mensaxe para este día pertence á bailarina, coreógrafa e directora artística, Trisha Brown, recentemente falecida. Premede aquí para coñecer a súa visión da danza.
Deixovos unha boa selección de  diferentes danzas do mundo para que poidades aprezar a variedade que existe. Ademáis da posibilidade de ver as entradas de anos anteriores.
Obtido no canal de Youtube de María Canabal.
Tamén atopei este "duelo" entre o baile irlandés e o galego, que pertence a unha celebración do día de San Patrick en Barcelona (2014). Fixádevos ben neste enfrontamento de culturas irmáns; a música e a danza so serven para unirnos.
Obtido no canal de Youtube de Nuala Barcelona.
E rematamos o mes, celebrando o Día Internacional do Jazz o día 30, data que foi proclamada pola UNESCO en novembro de 2011. Tedes máis información facendo clic na imaxe.
Pero pechamos con alegría e con gañas de movernos, con este fragmento da película de Diney "Os Aristogatos".Animádevos chicos e chicas e. a bailar!!!
Obtido no canal de Youtube de Héctor S.
FELIZ DÍA DA DANZA E O JAZZ!!!

venres, 29 de abril de 2016

DANZANDO.

Imaxe obtida en http://www.paraeldiadel.com/

O Día Mundial da Danza festéxase en todo o mundo o 29 de abril desde o ano 1982. A intención deste día é  reunir a todos os xéneros da danza para homenaxear esta manifestación artística e a súa universalidade, que é capaz de atravesar claquera barreira política, cultural ou étnica e unir ao mundo. (Fonte:http://www.ite.educacion.es/)
A data escollida coincide coa do nacemento de Jean-Georges Noverre (1727-1810) creador do ballet moderno.
Para celebralo vouvos deixar uns fragmentos de danzas que aparecen na película  "Fantasía" de Disney. e na súa secuela" Fantasía 2000".Estas fantásticas obras son coleccións de  interpretacións animadas de grandes obras da música clásica.
-Danza rusa  (Crebanoces de Piotr Ilich Chaikovski)
Obtido no canal de Youtube de Cinefilo Moviebook.
- Flamengos ( O carnaval dos animais de Camille Saint Saëns).
Obtido no canal de Youtube de Avi Alkalai.
-Danza das horas (A Gioconda de  Amilcare Ponchielli)
Obtido no canal de Youtube de Mario Pintos.
Grazas a todas e todos os bailaríns do mundo que coa vosa sensibilidade e entusiasmo  nos facedes sentir a arte de maneira tan sublime e á vez cercana.
FELIZ DÍA DA DANZA!!!
Como o día 30 é o Día do Jazz deixovos un capítulo da Panteira Rosa para que disfrutedes cos debuxos e coa súa estupenda banda sonora, escrita polo compositor Henry Mancini
Obtido no canal de Youtube Official Pink Panther.
FELIZ DÍA DO JAZZ!!!

mércores, 29 de abril de 2015

MÚSICA EN MOVEMENTO.

O 29 de abril foi instaurado en 1982 como Día Internacional da Danza pola UNESCO  por ser o natalicio de Jean Georges Noverre,bailarín francés e profesor de ballet considerado o creador do ballet moderno. Este ano, o autor da mensaxe para este día é un bailarín español, Israel Galván. Aquí vos deixo o enlace ao seu discurso (Premede aquí).Tal vez non estea escrito para nenos pero creo que pode resultar interesante.

Deixovos tamén esta espléndida coreografía titulada "Pleiades" que conxuga de maneira maxistral baile, música e luz.
E outra "coreo" impresionante con luces de neón.
De máis recente  creación é o Día Internacional do Jazz que celebraremos mañá, 30 de abril. Decidín aproveitar a entrada para conmemorar as dúas datas.A cidade anfitrioa deste ano será París considerada a segunda cuna do jazz, despois dos Estados Unidos.
Ofrézovos unha curta ben chistosa. Music Land é unha curtametaxe de Disney producida entre 1929 e 1939. Conta a historia de dúas illas, Sinfonía e Jazz, e do que ocorre entre os seus habitantes. Tendes curiosidade? 
Ollade!!!
E para rematar  pechade os ollos para gozar da preciosa voz de Karen Souza, que versiona "Teinted Love" cun estilo moi persoal.Viva a fusión!!!


FELIZ DÍA DA DANZA E DO JAZZ!!!