mércores, 29 de abril de 2020

HOXE DÍA DA DANZA E MAÑÁ?

Imaxe de  Lars Peter Witt en Pixabay.com
Hoxe é o Día Internacional da Danza, o cal levamos celebrando dende 1982 para conmemorar o nacemento do bailarín e coreógrafo Jean-Georges Noverre. Tedes información sobre esta data na páxina diainternacionalde.com .

Todos os bailaríns e bailarinas do  Ballet Nacional de España están confinados nas súas casas, igual que todo nós. Aínda así non deixaron de exercer e gozar da súa profesión e paixón. Aquí o demostran.
Obtido no canal de Youtube do Ballet Nacional de España
Mañá , 30 de abril, será o Día Internacional do Jazz.  Que é o jazz? Descúbreo  na páxina de diainternacional.com .
Para celebrar con ledicia esta data,aquí vos deixo unha lectura rítmica do "Jazz Pizzicato" de Leroy Anderson. Está realizada polo profesor Pedro Morales.

Obtido no canal de Youtube de Profesor Pedro Morales Tuto Flauta
Visitade as entradas de anos anteriores para gozar de vídeos e cancións sobre estas dúas fechas.
Imaxe obtida en Pixabay.com
FELICES DÍAS!!!

4 comentarios:

  1. Hermosa celebración, en Argentina coincide con el Día del animal (si bien la celebración mundial se realiza en octubre)
    Besos.

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Pues sí, Sandra, muy hermosa. Gracias por pasarte y comentar.
      Besos.

      Eliminar
  2. Noraboa polo traballo que fas. Eu son titor dun cole de Ponteareas e tamén abrín un blogue para estar máis en contacto co alumnado durante a coarentena. O teu está cheo de ideas que nos axudaron. Grazas! https://cuartocursoceipbouzabrey.blogspot.com/

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Moitísimas grazas por pasarte polo noso recuncho e ser tan amable. Se en algo podo axudar, estou encantada. Darei unha volta polo voso blogue, que seguro é estupendo.
      Volvede cando queirades, esta é a vosa casa.
      Saudiños!!

      Eliminar