Amosando publicacións coa etiqueta Día Lavado de mans. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Día Lavado de mans. Amosar todas as publicacións

martes, 5 de maio de 2020

SALVANDO VIDAS!!!

Imaxe obtida na rede.
O 15 de outubro celebramos o Día Mundial do Lavado de Mans e hoxe, 5 de maio, o Día Mundial da Hixiene de Mans.

mércores, 16 de outubro de 2019

SEMANA DA ALIMENTACIÓN.

Imaxe atopada en Cuídate y come sano.
Hoxe , 16 de outubro, celebramos o Día Mundial da Alimentación desde fai corenta anos.
O lema deste 2019 é "Unha alimentación sana para un mundo #FAMECERO", co propósito de fomentar as dietas sanas a través das redes sociais. 
Para máis información visitade a páxina da FAO.
Moi relacionado con este tema está a celebración do Día Mundial das Froitas e Verduras, que este ano se celebrará o día 18 deste mes. A iniciativa impulsada pola  Alianza Global de Promoción ao Consumo de Froitas e Hortalizas "5 ao día", pretende sensibilizar á sociedade da importancia do consumo de froitas e hortalizas para asegurar unha alimentación correcta, evitar a obesidade e axudar a coidar o noso planeta.
Preme na imaxe para saber máis.
Onte, que foi 15, tamén tiñamos celebración a do Día Mundial do Lavado de Mans. Esta data está chamada a concienciar á poboación de que un pouco de auga e xabón poden salvar moitas vidas.
Imaxe atopada na rede.
Atopei este carteliño en Cruzsalud que nos explica algunhas cousiñas.
Os Lunis , en Clan, cántannos "Lávate las manos". A que esperades!!
Vídeo obtido no canal de Youtube de Manuel Wölk
Consulta as entradas de anos pasados, aquí.
FELIZ SEMANA!!!