Imaxe atopada en Cuídate y come sano.
Hoxe , 16 de outubro, celebramos o Día Mundial da Alimentación desde fai corenta anos.
O lema deste 2019 é "Unha alimentación sana para un mundo #FAMECERO", co propósito de fomentar as dietas sanas a través das redes sociais.
Para máis información visitade a páxina da FAO.
Moi relacionado con este tema está a celebración do Día Mundial das Froitas e Verduras, que este ano se celebrará o día 18 deste mes. A iniciativa impulsada pola Alianza Global de Promoción ao Consumo de Froitas e Hortalizas "5 ao día", pretende sensibilizar á sociedade da importancia do consumo de froitas e hortalizas para asegurar unha alimentación correcta, evitar a obesidade e axudar a coidar o noso planeta.
Preme na imaxe para saber máis.
Onte, que foi 15, tamén tiñamos celebración a do Día Mundial do Lavado de Mans. Esta data está chamada a concienciar á poboación de que un pouco de auga e xabón poden salvar moitas vidas.
Imaxe atopada na rede.
Atopei este carteliño en Cruzsalud que nos explica algunhas cousiñas.
Os Lunis , en Clan, cántannos "Lávate las manos". A que esperades!!
Consulta as entradas de anos pasados, aquí.
FELIZ SEMANA!!!




